Actualidade

Campaña Verán 2019

Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable, forma parte deste cometido.

Os propietarios/as dos establecementos de hostelería, están contribuíndo a que Monforte sexa percibido como unha cidade amable e un bo lugar para gozar do tempo de lecer. Guiados por esta preocupación, a Unidade Asistencial de Drogodependencias deste Concello decidiu elaborar uns carteis recordando aos clientes que os establecementos non van facilitar o consumo de alcohol e tabaco a menores.

Este programa trata de implicar aos empresarios da hostelería na prevención do uso inadecuado do alcohol e unha adecuada xestión dos riscos do seu consumo.

E como desexamos que non sexa Monforte o único concello que coide o benestar dos seus veciños ampliamos tamén a campaña a os establecementos da zona socios da Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), á que agradecemos a súa colaboración desinteresada que recibimos sempre.

Con este obxectivo a UAD  facilitoulles un cartel informativo recordatorio desta campaña para que o coloquen en lugar visible.

Dende aquí queremos agradecerlles a súa imprescindible colaboración a todos os establecimentos hosteleros que participan nesta campaña.

Para máis información:

Luisa Astray García (Educadora Social)

SERVIZO DE PREVENCIÓN

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Otero Pedrayo s/s

27400 – MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 400 495

 

Proyecto ÉVICT, PORROENCUESTA

O “Proxecto *ÉVICT, Grupo de traballo para o estudo e abordaxe de políticas de control do policonsumo de cannabis e tabaco en España", http://evictproject.org/  ten como obxectivo profundizar e difundir á sociedade o coñecemento sobre o  policonsumo CANNABIS TABACO nos PORROS. Para o estudo deste consumo DUAL deseñamos a PORROENCUESTA 2019, cuxo obxectivo é coñecer distintos aspectos relacionados co consumo de CANNABIS e TABACO (como se consome ou que efectos búscanse e finalmente experiméntanse).

A enquisa está dirixida a diferentes ámbitos sociais e grupos de idade. A persoa participante non atopará posicionamentos ideolóxicos, nin preguntas incómodas ou estigmatizadoras. O noso propósito é coñecer, e desenvolver desde ÉVICT un debate construtivo que mellore as políticas públicas de prevención, redución de danos e tratamento destas substancias. Tal como se informa nas “Condicións de Privacidade”, trátase dunha enquisa voluntaria e anónima (ou confidencial se se decide cumprimentala cun profesional).

 

Co fin de conseguir o maior número de enquisas posibles, gustaríanos que desde a túa asociación/colectivo/grupo nos apoiases nesta iniciativa contribuíndo á súa máxima difusión, facilitando a distribución entre os seus membros. Pódese acceder á PORROENCUESTA a través de http://porroencuesta.evictproject.org/ 

Enchela non levará máis de 8-10 minutos. Tamén esperamos que as OPCIÓNS que ofrecemos ao finalizar a PORROENCUESTA (imprimir a mesma, o acceso a infografías, puntos de información e asesoramento) sexan de interese e utilidade. Respecto a os puntos de información e asesoramento, se desexas que se inclúa o da túa entidade, podes remitirnos a este mesmo correo os datos da entidade e o link de acceso web.

Boletín Familiar Xuño 2019

 

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade que dirixe Pilar Espinosa. Nesta ocasión leva por título:

“Claves para pais e nais. ¿Cómo debo actuar?”

Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte neste enlace ou na nosa páxina de facebook

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web o no facebook dos vosos colexios , pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

 

31 de Maio, Día Mundial sen Tabaco

O venres, 31 de Maio, DÍA MUNDIAL SEN TABACO, estaremos na entrada do Hospital cunha mesa informativa.
Tamén desde este venres e durante toda a semana próxima poderedes visitar unha exposición na Casa da Cultura con traballos realizados por escolares de Monforte e  Escairón, que nos achegan a súa axuda para concienciar á poboación dos riscos de fumar.
Na devandita exposición teremos unha "escaleira" na que están os pasos que poden seguir as persoas fumadoras para deixar esta adicción, en ela podedes deixarnos unha mensaxe cun posit indicándonos en que fase te atopas. 

E os NON FUMADORES, tamén teñen o seu lugar para que nos deixen unha reflexión sobre o que opinan do tabaco.

 Día mundial sen Tabaco

Boletín Familiar Marzo 2019 UAD

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte ven de publicar un novo número do seu Boletín trimestral co título "¿Cómo axudar aos fillos a madurar, ser responsables e autónomos?"

Se queres consultar ou descargar o boletín accede aquí

 Portada Boletín Marzo 2019

 

Non perxudiques a súa saúde

 

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos está a levar a cabo unha campaña para protexer ás embarazadas fumadoras e as súas parellas do fume do tabaco co lema "Non perxudiques a súa saúde"

O obxectivo xeral deste programa de deshabituación tabáquica é promover e axudar ás embarazadas fumadoras e as súas parellas a abandonar o consumo de tabaco.

É importante captar o maior número de embarazadas fumadoras polo que estamos en coordinación con outros profesionais de diversos servizos socio-sanitarios para que as remitan ao noso centro.

@s interesad@s no noso programa de deshabituación tabáquica poden acudir á nosa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos ou chamar ao tlfno 982 400 495.

 Cartel campaña embarazadas e tabaco

 Díptico campaña embarazadas e tabaco exterior

 Díptico campaña embarazadas e tabaco interior