-Hoxe, ás 11:00 horas, comezou a “XV Carreira Popular Concello de Monforte 2025” con seis categorías diferentes de competición: Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e cadete, e Absoluta. O Alcalde do Concello deu o pistoletazo de saída da Carreira Absoluta que se celebrou ás 12:00 horas tal e como estaba previsto.
-O número de inscritos ascendeu a 986 nas diferentes categorías que se poden detallar en 79 inscritos en categoría Mini, 201 inscritos en Prebenxamin, 121 en Benxamín, 90 en Alevín, 93 en Infantil e Cadete e 402 inscritos na categoría Absoluta.
-O rexedor monfortino subliñou que “o número de inscritos ascendeu un ano mais, o que demostra que a Carreira Popular, é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello”.
-O evento organizado polo Concello, a través da Concellería de Deportes, contou cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas tiveron saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.
Monforte de Lemos, 27 de abril 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou durante toda a mañá de hoxe da XV edición da Carreira Popular Monforte 2025. Xa ás 11:10 h da mañá procedeu á imposición de medallas dos participantes da carreira Mini e acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón e a de Consumo, Regina López, agasallounos ademais, cunhas chuches para premiar o esforzo feito.
O resto de competicións foise desenrolando según o previsto e ás 12:00 h comezou a Carreira Absoluta co “bonizado de saída” que un ano mais, realizou o Alcalde, mentres o público asistente, animaba ós participantes.
Pasada a unha da tarde procedeuse a entregar os premios das diferentes categorías, e José Tomé puido felicitar a todos os premiados durante a entrega dos mesmos, na que tamén participaron o Concelleiro de Deportes e outros membros do Equipo de Goberno.
O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular 2025 de Monforte de Lemos, ascendeu, a 986 inscricións nas diferentes categorías de competición. Tal e como subliñou o rexedor, “este número tan elevado de inscricións, que este ano volve a aumentar con respecto ó ano anterior, confirma de novo que este é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello”.
O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contou cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorreu polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.
Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contaron cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.
Premios
Os premios que se estableceron para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:
Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibiron unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibiron trofeo.
Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibiron premio económico segundo as seguintes cantidades:
1º clasificado: 300 €
1ª clasificada: 300 €
2º clasificado: 200 €
2ª clasificada: 200 €
3º clasificado: 100 €
3ª clasificada: 100 €
Premios especiais da carreira absoluta: premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as en Monforte).
Premios por equipos: recibiron trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta.
Tdos/as os/as participantes recibiron avituallamento sólido e líquido ó finalizar a carreira así como un agasallo conmemorativo do evento.
Premiados
Os nomes dos gañadores da Carreira Absoluta tanto en modalidade masculina como feminina foron os seguintes:
Absoluta masculino
JORGE PUIG MALVAR
CARLOS LÓPEZ MORAL
IKER FERNÁNDEZ CODESIDO
Absoluta Feminina
NATI GARCIA SANCHEZ
LUISA GONZALEZ SOMOZA
SANDRA RIVAS RODRÍGUEZ
Para consultar a lista completa de premiados das diferentes categorías así como a clasificación e tempos da carreira, o Concello dispón dunha páxina web na que se ofrece a información íntegra do evento coas diferentes categorías así como información completa do desenvolvemento da proba: https://monforte10k.com/es/web/resultado/competicion-14672