-O próximo domingo 27 de abril, ás 11:00 horas, celebrarase a “XV Carreira Popular Concello de Monforte 2025” con seis categorías diferentes de competición: Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e cadete e Absoluta.
-O número de inscritos ascende a 986 nas diferentes categorías que se poden detallar en 79 inscritos en categoría Mini, 201 inscritos en Prebenxamin, 121 en Benxamín, 90 en Alevín, 93 en Infantil e Cadete e 402 inscritos na categoría Absoluta.
-O rexedor monfortino subliñou que “o número de inscritos ascende un ano mais, o que demostra que a Carreira Popular, é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello”.
-O evento organizado polo Concello, a través da Concellería de Deportes, contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.
Monforte de Lemos, 25 de abril 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quere anunciar que o número de inscritos na XV edición da Carreira Popular 2025 de Monforte de Lemos, ascende, a 986 inscricións nas diferentes categorías de competición. Tal e como subliñou o rexedor, “este número tan elevado de inscricións, que este ano volve a aumentar con respecto ó ano anterior, confirma de novo que este é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello”.
O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.
Diferentes probas
O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.
O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal - Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.
Trátase dun percorrido de 5 km ó que os participantes terán que dar dúas voltas.
Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.
Premios
Os premios que se establecen para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:
- Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
- Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
- Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
- 1º clasificado: 300 €
- 1ª clasificada: 300 €
- 2º clasificado: 200 €
- 2ª clasificada: 200 €
- 3º clasificado: 100 €
- 3ª clasificada: 100 €
- Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as en Monforte).
- Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).
Todos/as os/as participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ó finalizar a carreira así como un agasallo conmemorativo do evento.
Inscricións colectivas para colexios de Monforte
Os centros educativos de Monforte tiveron a opción de realizar a inscrición colectiva, como en anos anteriores. Deste xeito, o Concello entregará os dorsais dos alumnos participantes ó centro educativo con antelación.
Entrega de dorsais por adiantado
Para evitar masificacións o día da carreira, a entrega de dorsais dos/das atletas que se inscriban de xeito individual, realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida:
- Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía):
- Venres 25 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- Sábado 26 de abril: de 9:00 a 14:00 h.
- Puntos de recollida fora de Monforte: haberá puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.
- Envío do dorsal a domicilio: Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.
Dispositivo especial de tráfico
A organización deste evento implica a alteración do trafico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a comprensión de tódolos veciños e veciñas. O tráfico verase afectado do seguinte xeito:
- Entre as 10:15 e as 13:45 h. estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:
- R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha
- Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba
- Dalmiro de la Válgoma
- Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro.
- Entre as 11:45 e as 13:45 h. estarán cortadas as seguintes rúas:
- Aparcamento do Parque dos Condes
- R/ Compañía
- R/ Paseo de Lugo
- R/ Aceña Nova
- R/ Carud
- R/ Paredes
- R/ San Lázaro
- R/ Duquesa de Alba
- R/ Reboredo
- R/ Dalmiro de la Válgoma
- Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro
- R/ Sarria
- Avda. de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense
- Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación por R/ Otero Pedrayo.
- R/ Conde, tramo dende Oficina de Correos ata Praza do Conde.
- R/ Cardenal Rodrígo de Castro
- R/ Hortas
- Praza Dr. Goyanes
- R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata cruce con Paseo do Malecón
- Paseo do Malecón
- Ponte vella
- R/ Sta. Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal
- R/ A. Méndez casal
- Praza Campo de San Antonio
- Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada
- Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo Seguros)