O Alcalde felicita á selección Española de Voleibol feminino pola súa clasificación para o campionato de Europa, tras o Preeuropeo xogado en Monforte

Monforte de Lemos, 28 de abril de 2025. Onte pola tarde, xugouse a última xornada do “PREEUROPEO DE VOLEIBOL SUB-16” feminino que enfrentou ás seleccións de Italia, Finlandia, Austria e España por unha das dúas prazas que dan acceso a participar no Campionato de Europa.

A selección Española, que asegurou a súa participación no Campionato de Europa, tras vencer a Austria no partido disputado o sábado no Pavillón de A Pinguela, enfrontouse nesta última xornada a un dos equipos rivais mais fortes da competición que é a Selección Italiana. O partido disputado na tarde de onte, deu a vitoria á Selección Italiana con un axustado resultado, nun encontro moi reñido e de máxima emoción, no que a afección de Monforte, volcouse coa Selección Española.

España ten asegurada unha das dúas primeiras posicións do grupo E, e polo tanto,  a súa presenza no Campionato de Europa que se disputará en Albania e kosovo, do día 2 ó 13 de xullo.

Este evento deportivo organizado pola Federación Española de Voleibol e que contou co patrocinio do Concello de Monforte aportando una subvención de 15.000 €, supón entre outras cousas, a posta en valor do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela que grazas á reforma da que foi obxecto no ano 2023, ten a capacidade de albergar eventos internacionais destas características.

O Concelleiro de Deportes de Monforte, José Manuel Mougán, acudiu en representación do Concello, ante a imposibilidade de asistencia do Alcalde, por compromisos ineludibles, a felicitar ás xogadoras da selección española polos éxitos acadados e polo nivel de xogo que demostraron no Preeuropeo, ó tempo que lles quixo desexar sorte para o Campeonato Europeo.

Este evento, supón unha importante promoción do voleibol nun Concello como o de Monforte que conta cun gran número de practicantes que realizan a sua actividade no Club Korbis e no C.V. Ribeira Sacra que á súa vez, colaboran activamente na organización do campeonato.

O Alcalde quixo transmitir a súa felicitación ó equipo español así como ó corpo técnico e tamén transmitir a súa satisfacción porque esta competición de alto nivel se celebrara en Monforte, convertendo a nosa cidade como referente do voleibol e agradece á Federación Española de Voleibol, así como ó Club deportivo Korbis e ó C.V. Ribeira Sacra, todo o traballo que están a facer por esta disciplina deportiva na cidade, así como a súa iniciativa por traer a Monforte esta competición.