Monforte de Lemos, 19 de abril de 2025. Coa lectura ás 12 da mañá no Salón de actos da Casa da Cultura, do Saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Conde de Lemos, deu comezo oficialmente a XXI Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve hoxe sábado día 19 e mañá domingo 20 de abril na cidade do Cabe.
O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación municipal, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, o Tenente da Compañía da Garda Civil, Javier, e polo Inspector Xefe de Seguridade Cidadá, Óscar Fernández.
Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como a Deputada da Área de Réxime Interior Promoción e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción económica e social, Pablo Rivera, o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, o Delegado Territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Deputada no Congreso, Patricia Otero, ou o Concelleiro Delegado de Alcaldía do Concello de Sober, Iván Armesto, entre outras autoridades.
Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira.
A continuación, o Alcalde acompañado polo Equipo de Goberno e o resto de invitados, visitaron a Feira Medieval percorrendo as rúas que, a pesares das inclemencias do tempo, estaban ateigadas de público, desfrutando das distintas actividades da Feira.
Hoxe, e tamén mañá, Monforte de Lemos convértese nunha cita ineludible para todos aqueles que queiran desfrutar dun evento diferente, que mergulla á cidade no seu esplendor medieval.
O programa completo de actividades pode consultarse en:
XXI Feira Medieval de Monforte 2025