Gloria Prada participa na presentación da charla “Rompendo a Lei do Silencio” impartida por Iñaqui Zubizarreta e organizada pola Asociación Aulaberta, na que colabora o Concello

Monforte de Lemos, 24 de abril de 2025. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, en representación do Alcalde, José Tomé Roca, que non puido asistir por atoparse de viaxe de traballo, acudiu esta mañá á charla que estivo a impartir o ex xogador Zubizarreta que dende a súa propia historia, foi quen de explicarlle ós rapaces dos centros educativos de Monforte, cómo inflúe o bullyind nun neno, que por ser diferente, no seu caso, pola altura, se chega a sentir marxinado e aislado no entorno escolar.

A iniciativa, pretende explicarlles ós mais pequenos a historia de superación do xogador que pasou de estar ó borde do suicidio a desenrolar unha actividade profesional de gran éxito, xustamente aproveitando entre outras dotes, a súa extraordinaria altura, cualidade que o facía diferente antes os seus compañeiros producindo o rechazo destes e o aislamento social.

Gloria Prada, que tivo ocasión de charlar con Zubizarreta, felicitou ó xogador pola labor tan importante que está a facer de divulgación cos mais pequenos e recordoulles ós rapaces presentes no salón de actos do multiusos, a importancia que ten denunciar e pedir axuda en casos como este, aseverando ademais que iso non é considerado como un signo de debilidade senón de valentía, xa que todos merecemos respecto.

A Tenente Alcalde fixo extensiva a felicitación á Asociación Cultural Aulaberta pola iniciativa, agradecendo que se puxeran en contacto co Concello, para colaborar coa mesma, xa que unha das preocupacións do Equipo de Goberno, é velar polo benestar tanto dos mais pequenos como das persoas mais maiores, por ser os sectores mais vulnerables da sociedade.