Dende o Concello de Monforte, informamos dun corte de tráfico no acceso á rúa Ramón Otero Pedrayo mañá mércores, 30 de abril

Monforte de Lemos, 29 de abril de 2025.  Dende o Concello de Monforte, queremos  informar a todos os veciños dun corte de tráfico de vehículos no acceso á rúa Ramón Otero Pedrayo mañá mércores, día 30 de abril dende as 8:00 h ata as 15:00 h.

A actuación está motivada pola necesidade de intervención do servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga, Aqualia, para proceder á reparación da chave existente na entrada da rúa Ramón Otero Pedrayo dende a rúa Conde.

A intervención ademais supón un corte de suministro a 4 vivendas ubicadas na bocacalle do inicio da rúa Otero Pedrayo na marxe esquerda, manténdose con normalidade no resto de vivendas da mencionada rua.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.